IT / EN / FR / GL

O proxecto LodLive constitúe un exemplo do uso que se pode facer dos estándares da web semántica (RDF, SPARQL) para percorrer libremente os recursos RDF. LodLive asocia o potencial dun explorador de recursos RDF coa eficacia da representación con grafos.

DESCARGAR LodLive

O principio que subxace tras LodLive é a intención de demostrar que os recursos publicados en conformidade co estándar W3C SPARQL son fáciles de conseguir e comprender, coa esperanza de animar as administracións públicas e os propietarios de datos a gran escala para compartiren os seus recursos como LOD (Linked Open Data).

LodLive consiste nun complemento jQuery (lodlive-core.js), un ficheiro de configuración JSON (lodlive-profile.js), unha páxina HTML, algunhas imaxes e outros complementos jQuery plugins públicos. Así de simple. LodLive é de balde, de código aberto baixo a licenza MIT e intégrase de moi doadamente noutras aplicacións. Tamén se pode utilizar en liña en lodlive.it.

Durante a navegación co grafo, como se sabe cal é o punto de acceso?
Ao pasar o rato sobre o recurso aparece na esquina inferior esquerda un cadro que indica as súas características, incluído o punto de acceso ao que pertence.

Parece ser que o sistema se bloquea ao abrir certos recursos, e con IE parece ser que non funciona.
LodLive utiliza toda a potencia do comuptador desde o que se realiza o acceso e por este motivo conseguiuse desenvolver unha aplicación que non precisa de ningún compoñente de servidor e que unha vez descargada xa está preparada para o seu uso.
Aconséllase utilizar un nvagador actualizado, particularmente Opera, Safari ou Google Chrome; FireFox tamén funziona pero a navegación é maís lenta; Internet Explorer non tan soporte polo momento, porque non pode executar algunhas das funcionalidades que usa LodLive.

LodLive está dsipoñíbel en GitHub https://github.com/dvcama/LodLive

Persoas que participaron no proxecto
Diego Valerio Camarda (diego@lodlive.it), Silvia Mazzini (silvia@lodlive.it) e Alessandro Antonuccio (ale@lodlive.it)

Diego levou a cabo o desenvolvemento, Silvia estabeleceu os criterios base e Alessandro ocupouse do deseño da interface. O grupo compartiu o traballo, polo que resulta difícil discernir os límites da competencia de cada membro.

Grazas a Miguel Solla para a tradución en galego!

Para máis información e contactos info@lodlive.it.

É posíbel indicar un punto de acceso en info@lodlive.it para inserilo na aplicación dispoñíbel en lodlive.it. En xeral, obtéñense mellores resultados con conxuntos de datos que teñen a relación owl:sameAs ca con outros recursos dispoñíbeis en puntos de acceso SPARQL.

É importante fornecer a maior información posíbel sobre os recursos presentes no punto de acceso e sobre as especificidades do conxunto de datos. LodLive pódese configurar especificamente para representar do mellor xeito os contidos que debe navegar.

LodLive é un proxecto experimental concibido para divulgar a filosofía dos Linked Open Data e para crear unha ferramenta que poida ser utilizada para asociar as funcionalidades dun navegador RDF coa eficacia da representación gráfica dos datos.

LodLive é o primeiro nvagador de recursos RDF baseado unicamente en puntos de acceso SPARQL.

LodLive quere demostrar que os recursos publicados polos estándares do W3C para a web semántica poden ser ferramentas facilmente comprensíbeis e accesíbeis cos instrumentos adecuados.

LodLive é capaz de relacionar os recursos presentes nos puntos de acceso que estean configurados e permite moverse dun punto de acceso para outro facendo uso dascapacidades de interconexión dos Linked Open Data.

AXUDA

No centro de cada círculo aparece a etiqueta do recurso.

Arredor do círculo colócanse outros pequenos círculos que indican as conexións con outros recursos internos e externos. Ao pulsar sobre eles aparece o círculo do novo recurso e conéctase automaticamente cos que xa están abertos.

Pódense explorar estas conexións movéndose libremente dun círculo cara a outro.

A cor dos círculos respecta a lóxica das clases de asociación de recursos e, daquela, os recursos pertencentes ás mesmas clases terán o círculo da mesma cor.

Pode arrastrar os círculos para colocalos ao seu gusto.

LENDA DOS SÍMBOLOS

  • ferramentas
  • amosar información adicional
  • pechar o recurso
  • centrar o recurso
  • abrir a URI do recurso
  • expandir todas as relacións visíbeis
  • relación directa
  • grupo de relacións directas
  • relación inversa
  • grupo de relacións inversas
  • relación owl:sameAs